Cuntis 'empápase'' do mellor fútbol base
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O campo de fútbol da Ran, en Cuntis, foi escenario este sábado dunha completa xornada de deporte base grazas á fase final do Campionato Galego de Fútbol-8.
Doce equipos, campións das diferentes fases zonais disputadas en toda Galicia, déronse cita na competición ao longo de toda a xornada.
No medio dun grande ambiente nas bancadas, a pesar da choiva, e de deportividade dos equipos, foron disputándose os partidos, coas semifinais pola mañá e as finais en horario de tarde.
Finalmente os vencedores foron o ED Val Miñor en categoría prebenxamín e o RC Deportivo nas categorías benxamín e alevín.
Na entrega de trofeos estiveron presentes o alcalde de Cuntis, Manuel Campos; o presidente do Atlético Cuntis, Fran Fontenla; e varios directivos da Federación Galega de Fútbol.
Campionato Galego de Fútbol-8 en Cuntis
© Federación Galega de Fútbol