A falta de tensión case lle custa o partido ao Poio Pescamar fronte ao pechacancelas Elche (4-2)
Por Redacción
Despedida ligueira na súa pista para un Poio Pescamar que nada se xogaba no partido, recibindo a visita dun Elche descendido fai moitas xornadas, tras sumar unha soa vitoria en toda a liga. As mozas de Jorge Basanta realizaron un partido discreto, cunha falta absoluta de tensión e intensidade que case lles custa os puntos.
A superioridade física e técnica do Poio Pescamar non tivo reflexo no marcador ata ben avanzado o partido, e esa falta de tensión antes aludida traduciuse nos numerosos erros e balóns perdidos, así como escasas chegadas con perigo á área rival.
Aínda así, o Poio Pescamar lograba adiantarse, grazas a un gol de Charo, nun disparo exterior coa esquerda, aos nove minutos de xogo, pero catro máis tarde, Esther empataba culminando unha rápida contra ilicitana tras perda de balón local.
Co empate a un chegaríase ao descanso e aos dous minutos da continuación, Esther, nunha nova perda de balón en defensa das locais, adiantaba ao Elche cun colocado remate. Tres minutos despois, en xogada posicional desde quince metros, Elena establecía de novo a igualada.
Tras o empate o partido animouse un pouco e ambos os equipos buscaron a portería rival. O Poio Pescamar culminaba a remontada aos 31 minutos de xogo por mediación de Jessy, de disparo exterior en xogada de estratexia á saída dun saque de banda.
Con todo perdido e a algo máis de catro minutos do final, o Elche optaba polo xogo de cinco, pero a súa falta de definición nos metros finais impediu que puidesen polo menos rabuñar un punto, pechando o Poio o resultado ao seu favor no último minuto cun gol de Jenny, en boa triangulación, en ataque posicional.
POIO PESCAMAR (4): Iria; Claudia, Jenny, Yoli, Charo -cinco inicial-, Suki, Elena, Jessy, Moldes, Pipi e Ale de Paz.
ELCHE (2): Aída; Esther Lauri, Pegue, Jeza, Miriam -cinco inicial-, Ángela, Mayte, Idoia, Esther e Sonia (p.s.).
Árbitros: Castro Nantes e González Lubián (Galicia). Amoestaron a Esther Laurí e Pegue no Elxe.
Goles: (1-0) Minuto 9: Charo. (1-1) Minuto 13: Esther. (1-2) Minuto 22: Esther. (2-2) Minuto 25: Elena. (3-2) Minuto 31: Jessy. (4-2) Minuto 39: Jenny.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Vitoria con remontada en Rubí (3-4) e récord de puntos para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar despide a liga buscando o seu record de puntuación
Por Redacción |
-
Último partido na casa para un Poio Pescamar que busca o seu record de puntos en Primeira
Por Redacción |
-
Poio Pescamar falla ante o gol e dá aire ao FSF Rioja (2-1)
Por Redacción |
-
Goleada do Poio Pescamar ao Valdetires Ferrol (8-2) para certificar a permanencia
Por Redacción |