Semana de reflexión e despedidas no Pontevedra
Por Diego Espiño
Terminada a liga, chega a quenda dos despachos no Pontevedra Club de Fútbol, pensando sen perder tempo no equipo da próxima tempada. Pero antes toca reflexión.
O primeiro plantel, despois do último partido oficial do curso, adestrará dous días máis, mércores e venres, antes de despedirse cunha cea, e non será ata a próxima semana cando o club comece a falar cos futbolistas sobre o seu futuro.
Así o recoñeceu o responsable deportivo da entidade, Roberto Feáns, na Trastienda, faladoiro deportivo de PontevedraViva Radio á que tamén asistiu a presidenta, Lupe Murillo.
A pesar de que só dous xogadores do actual plantel, Kevin e Tomás, contan con contrato en vigor para a próxima tempada, ademais do cedido Miki, a dirixente granate insistiu en que "vamos a seguir apostando por una estractura que está consolidada y algo más".
A continuidade pois será a base do próximo equipo, aínda que si que haberá cambios para buscar o salto de calidade que permita "salir con la ilusión de aspirar al play-off", explicou Murillo. Con todo ambos os directivos cren que "no podemos obsesionarnos" coa fase de ascenso porque "todo llegará a su tiempo", sinalou Feáns.
O responsable da planificación deportiva traballa xa de xeito conxunto con Luisito na confección do equipo e recoñece que "llevamos semanas analizando jugadores y posibles incorporaciones".
Relacionadas:
-
O Pontevedra ofrece a renovación a Company e Jandrín
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra negocia un triangular con Celta e Deportivo dentro dos actos do seu 75 aniversario
Por Diego Espiño |
-
O empate co Burgos (1-1) deixa o Pontevedra sen Copa do Rei pero asinando unha boa tempada
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |