Destacada actuación do ABP pontevedrés no Campionato de España de Kickboxing
Por Redacción
O ABP Sport regresou dos campionatos de España de kick boxing cunha importante colección de medallas para os seus deportistas.
A actuación foi destacada nas competicións de 'tatami sport' e 'ring sport', celebradas nas localidades de Salamanca e Sevilla.
En total foron sete os títulos logrados polos deportistas do club pontevedrés, os de Carmen Presa (point fight 8-9 anos), Isaac Otero (point fight e light contact 10-12 anos), Johan Abadía (light contact 13-15 anos), Nicolás Medranda (point fight 13-15 anos), Javier Cortegoso (kick light 13-15 anos) e Jonathan Piñeiro (kick light 19-40 anos).
Ademais lograron unha medalla de prata Simón Riqueza (point fight 8-9 anos), Eugenia Coll (point fight 8-9 anos) e Johan Abadía (kick light 13-15 anos) e foron bronce Alfonso Riqueza (point fight 10-12 anos), Claudia Coll (point fight 10-12 anos), Nicolás Medranda (kick light 13-15 anos) e Borja Jiménez (kick light 19-40 anos).