Participar no Campionato de Europa, obxectivo final do ABP Sport
Por Redacción
Despois da súa notable participación no Campionato de España de Kick Boxing na modalidade de 'semi contact', os cinco deportistas pontevedreses do ABP Sport presentes en Alcorcón foron recibidos polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.
Germán Díaz, Juan Carlos López, Jenni López, Xoán Villanueva e Montse Santiago lograron resultados destacados no primeiro ano no que kick boxing conta con federación propia, independente da de boxeo.
Dentro dunha organización de competicións aínda complexa, as miras do club pontevedrés céntranse no Campionato de Europa que previsiblemente se celebrará no mes de setembro en Irlanda.
Alí estará Germán Díaz en categoría júnior tras lograr unha praza directa pola súa medalla de ouro no Nacional.
Pola súa banda Juan Carlos López, medalla de prata no Campionato de España, foi preseleccionado para o Europeo, pero non ten aínda a praza garantida.