O Arosa déixase remontar regresando sen puntos e con lesionados de Ribadeo (3-2)
Por Redacción
O Arosa regresa a casa cunha derrota nun Pepe Barrera convertido nunha lameira que custou a lesión a varios xogadores. Os arlequinados adiantáronse no marcador ata en dúas ocasións por medio de Sylla, pero Rafa Casanova, Óscar en propia porta e Iván González, no desconto, deron a vitoria ao Ribadeo.
Empezaba moi ben o partido para os arosistas. No minuto 3 un centro de Cabanyes transformábao Sylla no primeiro gol.
Os de Piscis continuaron apertando e xerando ocasións, pero o Ribadeo, que se xogaba manter opcións matemáticas de permanencia, tampouco quedaba atrás e lograría empatar antes dos 20 minutos cun gol de Rafa Casanova.
Á media hora o Arosa perdía a Cabanyes por lesión, aínda que ao principio parecía moi grave todo apunta a que quedará nun golpe ou como moito, unha escordadura. Antes do descanso, Sylla volvería adiantar aos visitantes tras aproveitar un novo centro, esta vez de Camiño.
No segundo tempo o Ribadeo foi mellorando co paso dos minutos e logrou empatar de novo cun gol de fortuna, sendo Óscar o que acabou introducindo o balón na porta de Lucas.
Tras esta segunda igualada houbo ocasións nas dúas áreas. Fandiño e Camiño tiveron as mais claras para o Arosa, pero sería o Ribadeo o que acabou marcando no desconto o 3-2, por medio de Iván González.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Remonta o Arosa en casa do pechacancelas Noia (1-2) nun partido discreto
Por Redacción |
-
Un gol no desconto priva da vitoria ao Arosa ante o Alondras (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa remonta na segunda metade e termina goleando ao Rápido de Bouzas (5-2)
Por Redacción |
-
O Boiro termina coas esperanzas do Arosa (1-2)
Por Redacción |