O Galaico retén o título de campión da División de Honra Galega
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
O Club Natación Galaico logrou reter o título que lle acredita como mellor club galego, o da Liga Galega de División de Honra.
A piscina olímpica de Pontemuiños foi escenario este sábado da fase final da competición, coa presenza de seis clubs e 133 nadadores inscritos.
O Galaico non tivo rival e concluíu a xornada na primeira posición con 477 puntos, cunha ampla vantaxe sobre Pabellón Ourense (331 puntos) e Club del Mar (246 puntos), os outros dous equipos que pelexaban polo título.
Na loita pola permanencia impúxose o CN Arteixo con 404 puntos, seguido de Fluvial de Lugo (385) e Cidade de Santiago (259), club que finalmente perde a categoría.
Fase final Liga Galega Clubs Natación
© Diego Torrado