Revalidar o título, obxectivo do Galaico na fase final da Liga Galega de Clubs
Por Redacción
O Club Natación Galaico afrontará o vindeiro sábado 23 de abril una das principais citas da tempada, a fase final da Liga Galega de Clubs, na que aspira a reter o título da División de Honra que lle acredita como mellor club da Comunidade.
A entidade pontevedresa gañou o dereito para organizar a xornada final ao ser o primeiro clasificado provisional despois das tres citas iniciais.
Na piscina olímpica de Pontemuiños, en sesión intensiva de mañá e tarde, daranse cita, ademais do Galaico, o Pabellón de Ourense, Club del Mar, Arteixo, Fluvial de Lugo e Cidade de Santiago, loitando os tres primeiros polo título e os outros tres clubs pola permanencia.
Para a cita, o Galaico convocou a un total de 26 nadadores.
TROFEO AMIZADE EN PONTEAREAS
Os responsables do club pontevedrés viviron con satisfacción os resultados dos seus nadadores no recente Trofeo Amizade, organizado a pasada fin de semana polo Club Natación Ponteareas.
Un total de 47 deportistas do Galaico acudiron á competición, reservada para as categorías alevín, infantil, junior e absoluta, logrando en moitos casos mellorar as súas marcas persoais e mínimas para os campionatos galegos e nacionais.
Ademais da vitoria na xeral por equipos, Daniel Sánchez foi distinguido co Trofeo Concello de Ponteareas á mellor marca do campionato segundo a táboa FINA.