Campelo quenta motores para o XXIX Maratón de Fátima
Por Redacción
O vindeiro sábado 7 de maio Campelo ten unha cita coa tradición, neste caso deportiva, co XXIX Maratón de Fátima.
Un ano máis a Asociación de Veciños de Campelo organiza unha proba deportiva que espera superar os preto de 150 atletas inscritos na pasada edición.
A carreira popular terá un circuíto de 6 quilómetros con saída na Praza da Granxa, pero a xornada estará amenizada por diversas actividades.
Ás 17:00 horas darase a saída a unha andaina de 4 quilómetros, ás 18:00 horas será a quenda da carreira absoluta do Maratón e ás 18:45 horas saltarán á palestra as categorías inferiores, para as que se deseñaron carreiras de menor lonxitude e para todas as idades.
Todo iso amenizado con inchables para os pequenos, unha clase gratuíta de Zumba ou unha festa final para pechar a xornada deportiva.