Campelo cumpre coa tradición do Maratón de Fátima
Por Diego Torrado
Campelo gozou dunha agradable tarde de atletismo coa disputa da súa xa tradicional Maratón de Fátima.
Preto de 150 deportistas tomaron a saída nunha proba que cumpriu a súa XXVIII edición.
O máis rápido en completar os 6 quilómetros de percorrido foi Juan Díaz (22:48.01) seguido de Diego Calvete e Guillermo Pedrero, que completaron o podio da categoría masculina, mentres Marga Villaverde (28:34.30) se impuxo na categoría feminina.
Tras a proba absoluta, con saída ás 18:00 horas, saltaron á acción as categorías inferiores para completar unha amena xornada.