A Escola Xadrez Pontevedra ascende a División de Honra
Por Redacción
Unha tempada despois a Escola Xadrez Pontevedra retorna á máxima categoría, a División de Honra. Fíxoo un dos seus equipos, o EXP Ramón Escudeiro Tilve, que asegurou a falta dunha xornada o campionato da Primeira División Galega.
O equipo pontevedrés desprazouse ata A Coruña para para enfrontarse ao CIDU, nun encontro en el que necesitaba un bo resultado para seguir mantendo a vantaxe co segundo clasificado. O resultado final foi de vitoria por 3 a 1, o que unido á derrota do Xadrez Rianxo deulle matematicamente o ascenso.
Un premio xusto a unha tempada na que o equipo da Escola Xadrez non perdeu ningún encontro, cunha formación na que destaca ademais a xuventude.
Tres dos catro xogadores do equipo teñen 17 anos. Son Alberto Portela, David García e Miguel Rodríguez, aos que acompaña o seu adestrador Daniel Rivera.
Na mesma categoría, a Primeira División, compite ademais o EXP Alexei Shirov, que venceu esta xornada ao Marín para colocarse na terceira praza da clasificación provisional.
Relacionadas:
-
Alberto Portela consegue o terceiro posto no Campionato de España Sub-18 de xadrez
Por Redacción |
-
400 escolares aprendendo co xadrez
Por Mónica Patxot |
-
O xadrez pontevedrés bótase á rúa
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez Pontevedra achégase á División de Honra
Por Redacción |
-
O gratificante traballo da Escola Xadrez Pontevedra en Xordania
Por Redacción |