A Escola Xadrez Pontevedra achégase á División de Honra
Por Redacción
A Escola Xadrez Pontevedra achégase ao ascenso á División de Honra Galega tras colocarse no liderado da súa liga a falta de tres xornadas para o final do campionato.
O equipo absoluto do club pontevedrés, o EXP Ramón Escudeiro Tilve, desprazouse a última xornada a Sanxenxo, onde logrou unha clara vitoria por 4-0.
O resultado levantoulle ao liderado grazas ao empate do seu principal rival, o Xadrez Rianxo. Os pontevedreses contan agora cun punto de vantaxe sobre o seu rival.
Pola súa banda, tamén en 1ªDivisión, o equipo EXP Alexei Shirov é quinto a seis puntos do descenso tras perder por 2,5 a 1,5 co Xadrez Bouzas.
Tamén destacaron a pasada fin de semana os bos resultados obtidos polo EXP Iván Salgado en 2ª División e do EXP Zona Informática en 3ª que lles deixa en postos dianteiros para loitar polo ascenso de categoría.