Villa de Aranda, unha auténtica final para o Teucro
Por Diego Espiño
A retirada da competición do Balonmano Aragón apertou de novo a loita pola permanencia na liga Asobal, pero a Sociedad Deportiva Teucro sabe que todo pasa por "ganar partidos, porque nadie nos va a regalar los puntos".
Así se explica Quique Domínguez antes de recibir este sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ao Villa de Aranda, afirmando que o seu equipo segue "manteniendo la fe de que vamos a ser capaces de ganar partidos y conseguir la permanencia".
O rival nesta ocasión é un cadro burgalés que marcha nunha magnífica quinta praza que "tiene mucho mérito", enxalza o técnico pontevedrés.
José Manuel Rial: "Nuestras posibilidades pasan por ganar en casa este fin de semana"
Pero as xornadas pasan e as opcións de puntuar redúcense, polo que o choque ante o Villa de Aranda adquire tinguiduras de final para un plantel que ten claro que "nuestras posibilidades pasan por ganar en casa este fin de semana", recoñece José Manuel Rial, xa que tras este encontro xogarán de maneira consecutiva ante La Rioja e Barcelona, segundo e primeiro clasificado.
O Teucro contará con todo o plantel dispoñible, a pesar dos problemas que Gonzalo Carró arrastra desde o partido ante o Ademar do mércores, mentres o Villa de Aranda comparecerá en Pontevedra coa ausencia de Bicho.
O encontro será arbitrado polo galego García Mosquera e o madrileño Muro San José.
Relacionadas:
-
Punto de caste e ouro para o Teucro nun partido vibrante ante Villa de Aranda (30-30)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Quique Domínguez carga contra os árbitros e o Teucro compite pero cae en León fronte ao Ademar (34-28)
Por Redacción |
-
A retirada do BM Aragón, unha "mala noticia" para o Teucro aínda que lle achegue á permanencia
Por Diego Espiño |
-
Quique Domínguez seguirá adestrando ao Teucro dúas tempadas máis "estemos donde estemos"
Por Diego Espiño |