Quique Domínguez seguirá adestrando ao Teucro dúas tempadas máis "estemos donde estemos"
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro aposta pola continuidade do seu proxecto deportivo e decidiu renovar ao seu adestrador Quique Domínguez "por dos temporadas estemos donde estemos".
Así de contundente ratificou a súa confianza no traballo do corpo técnico o responsable da comisión deportiva, José Ameijeiras. "Se ha adaptado a una filosofía y estamos encantados con su trabajo y el del resto del cuerpo técnico", sinalou.
A negociación "duró tres minutos", asegura Quique Domínguez, que só necesitaba saber que o proxecto de aposta por "xente nova e da casa" se mantiña. O técnico pontevedrés mostrouse ademais agradecido pola confianza mostrada a pesar de que o primeiro equipo acumula case unha volta sen gañar e pelexa pola permanencia na Liga Asobal.
Quique Domínguez: "Me apetece dar las gracias por seguir apostando por un proyecto en una situación complicada"
"No es habitual que con una vuelta sin ganar se renueve al entrenador. Me apetece dar las gracias por seguir apostando por un proyecto en una situación complicada", sinalou Domínguez.
O adestrador prometeu seguir traballando duro para conseguir o obxectivo da permanencia na máxima categoría nacional e mostrouse esperanzado en que "este voto de confianza a la larga se demuestre que es positivo para el club".
Os primeiros contactos do club con Quique Domínguez producíronse no mes de xaneiro, pero ambas as partes decidiron pospoñer a negociación e o posterior anuncio para non desviar a atención da parcela deportiva.
Relacionadas:
-
Punto de caste e ouro para o Teucro nun partido vibrante ante Villa de Aranda (30-30)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Villa de Aranda, unha auténtica final para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
Quique Domínguez carga contra os árbitros e o Teucro compite pero cae en León fronte ao Ademar (34-28)
Por Redacción |
-
A retirada do BM Aragón, unha "mala noticia" para o Teucro aínda que lle achegue á permanencia
Por Diego Espiño |
-
Reacción tardía do Teucro ante un bo Granollers (30-33)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |