Diego Castro, favorito ao premio a mellor xogador da liga australiana
Por Diego Espiño
Leva apenas uns meses en Australia pero converteuse en toda unha referencia do seu club, o Perth Glory FC, e de toda a A-League.
Diego Castro é por méritos propios un dos máximos favoritos ao premio a mellor xogador da tempada, a Johnny Warren Medal que outorga a liga.
Polo momento, a falta das series finais, o futbolista pontevedrés anotou 13 goles na tempada regular, que serviron ao seu equipo para ser sexto a seis puntos do líder, o Adelaide United. Goles de todas as cores, de falta directa, cun penalti ao Panenka ou en xogada como os que o seu clube difunde a través da súa conta de Twitter.
WATCH Diego Castro score his 5th goal of the season. Is it the best #Glory goal of the campaign so far? #WestvsResthttps://t.co/wFDdNwfr4l
— Perth Glory FC (@PerthGloryFC) 19 de enero de 2016
When Castro scores one of the best goals you'll ever see at @nibStadium. #PERvMCY #WestVsRest pic.twitter.com/T7rZ3SC0W5
— Perth Glory FC (@PerthGloryFC) 3 de abril de 2016
Eses tantos fixeron que os seus afeccionados e o propio Perth Glory falen de Diego Castro como 'El Maestro'.
Polo de súpeto Castro xa foi recoñecido pola cadea Fox Sports, televisión que posúe os dereitos da A-League, coa Alex Tobin Medal ao mellor futbolista da competición. Ademais a Asociación de Futbolistas Profesionais (AFP) distinguiuno en dúas ocasións ao longo da tempada co premio a mellor xogador do mes.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Os cinco mellores goles do 'Maestro' Diego Castro na liga australiana
Por Diego Espiño |
-
Diego Castro goza en Pontevedra as súas vacacións australianas
Por Ramiro Espiño |
-
VÍDEO.- O pontevedrés Diego Castro, elixido mellor xogador da A-League australiana
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Diego Castro fai as antípodas e asina polo Perth Glory australiano
Por Diego Espiño |