VÍDEO.- O pontevedrés Diego Castro, elixido mellor xogador da A-League australiana
Por Diego Espiño
Era un dos favoritos e na gala de final da tempada da A-League, primeira división australiana, cumpriu os prognósticos.
O pontevedrés Diego Castro foi distinguido coa Johnny Warren Medal ao mellor futbolista da competición na súa primeira campaña nas antípodas, nas que anotou 13 goles e repartiu 4 asistencias.
A influencia de Diego Castro no seu equipo, o Perth Glory FC, é tal que os afeccionados e o seu propio club alcúmanlle xa 'El Maestro'.
Na votación final o futbolista galego logrou 34 votos, polos 33 de Aaron Mooy e os 27 de Bruno Fornaroli e Jamie Maclaren.
Tras coñecerse o fallo do galardón, o Perth Glory quixo felicitar a Diego Castro compartindo en Twitter un vídeo coas súas mellores xogadas do ano.
BREAKING | Our Spanish marquee man Diego Castro is named the Johnny Warren medalist!
— Perth Glory FC (@PerthGloryFC) 26 de abril de 2016
Congratulations El Maestro!https://t.co/dEgniHl8Un