VÍDEO.- Os cinco mellores goles do 'Maestro' Diego Castro na liga australiana
Por Diego Espiño
É só a súa segunda tempada en Australia, pero ninguén discute que se trata dun da xogadores franquía non só do seu equipo, senón de toda a A-League, Primeira División do país.
Diego Castro segue dando mostras da súa calidade nas antípodas. Se no seu primeiro ano no Perth Glory foi nomeado como mellor futbolista da liga, no segundo segue demostrando a súa valía, a que lle levou a ser alcumado como 'El Maestro'.
Actualmente é o máximo goleador do seu equipo con 11 goles, un equipo que é sexto na liga regular e loita por entrar no play-off polo título.
O próximo sábado 8 de abril o partido ante o Brisbane supoñerá o número 50 do futbolista pontevedrés nas filas do Perth Glory, e para celebralo o seu club elaborou un vídeo cos cinco mellores goles que logrou ao longo destas dúas últimas tempadas.
CASTRO'S TOP 5 | As #ElMaestro counts down to his 50th this weekend we've picked 5 of his best goals for Glory! #PERvBRI #GloryIsOurs pic.twitter.com/OG9c105esT
— Perth Glory FC (@PerthGloryFC) 4 de abril de 2017
Para Diego Castro xogar en Australia está a supoñer "una experiencia muy enriquecedora para mí y para los míos", recoñeceu en declaracións difundidas polo seu club. Aínda non sabe se continuará un ano máis no equipo, pero si ten claro que agora mesmo só ten un obxectivo, "entrar en las finales, intentar hacerlo bien y poder hacer algo grande", sinalou o pontevedrés.
Relacionadas:
-
Diego Castro despídese do Perth Glory despois de 6 anos: "Foi un dos mellores xogadores que xamais viu o fútbol australiano"
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Diego Castro, campión da Primeira División australiana e renovación por dúas tempadas máis
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Diego Castro renova no Perth Glory da Primeira División australiana
Por Diego Espiño |
-
Diego Castro goza en Pontevedra as súas vacacións australianas
Por Ramiro Espiño |
-
VÍDEO.- O pontevedrés Diego Castro, elixido mellor xogador da A-League australiana
Por Diego Espiño |
-
Diego Castro, favorito ao premio a mellor xogador da liga australiana
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Diego Castro fai as antípodas e asina polo Perth Glory australiano
Por Diego Espiño |