Balonmán.com non pode co líder Calvo Xiria (23-30) e Poio Artai tampouco se estrea en Lavadores (30-23)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Fixo suar o Balonmán.com ao líder Calvo Xiria na primeira parte, pero cedeu na segunda na que os de Carballo impuxeron a lóxica para levar con claridade os dous puntos.
Os pontevedreses fixeron un excelente primeiro tempo, no que a igualdade foi a tónica do partido, cedendo só nos últimos compases para irse ao vestiario cun curto marcador (12-15).
Pero na continuación pronto os visitantes deixaron mostras da súa superioridade en só sete minutos escapáronse de forma definitiva (14-20), para obter a máxima vantaxe no minuto 48 (16-25).
Co partido decidido, Balonmán.com, que tivo problemas na segunda parte para atopar posicións de lanzamento, reduciu lixeiramente ata o 23-30 final.
Consulta aquí o acta do partido.
POIO ARTAI SEGUE A CERO TRAS CAER EN LAVADORES
Na que posiblemente fose unha das súas últimas oportunidades para non terminar a liga a cero, o Poio Artai ofreceu unha pobre imaxe cedendo froito dun mal comezo en Lavadores, onde Cinco Jotas aproveitou para sumar dous puntos que lle dan a permanencia matemática.
Os locais saíron decididos a por o partido, conscientes da debilidade do seu rival e en apenas seis minutos asinaron un parcial de 6-1 para escaparse no marcador. O Poio reaccionou a este primeiro estirón, conseguindo situarse só dous abaixo mediado o primeiro tempo (8-6), pero aí acabouse a súa resistencia. O equipo vigués escapouse con outro parcial de 5-1, para terminar retirándose ao descanso con vantaxe clara (17-10).
A segunda parte reduciuse a un intercambio de goles no que os locais controlaron o partido mantendo diferenzas para alzarse cun cómodo triunfo (30-23).
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Bueu Atlético imponse a Balonmán.com nun partido sen defensas (33-38)
Por Redacción |
-
Derrotas de Balonmán.com ante BM Chapela (26-28) e Poio Artai en Coia (36-19)
Por Redacción |
-
Poio Artai suma o seu primeiro punto pero escápaselle a vitoria fronte a BM Cañiza (25-25)
Por Redacción |
-
Balonmán.com certifica a permanencia á conta de BM Artabro (32-36) e Poio Artai cae ante BM Porriño (19-24)
Por Redacción |
-
Balonmán.com gaña nun final de infarto a Granitos Ibéricos (27-26) e O.A.R. supera sen apuros a Poio Artai (34-26)
Por Redacción |
-
Atlético Novás sofre para impoñerse a Balonmán.com (29-25) e Poio Artai cede fronte á S.A.R. (21-28)
Por Redacción |