Cada socio poderá retirar unha entrada de balde para o partido ante o Sporting B
Por Redacción
A pesar da destacada tempada que a nivel deportivo está a protagonizar o Pontevedra, as bancadas do Estadio Municipal de Pasarón non están a mostrar o aspecto que se esperaba tras o ascenso de categoría.
Por ese motivo, e a propósito dos retos que aínda debe afrontar o equipo como a loita por clasificarse pola Copa do Rei, o club granate moveu ficha.
No próximo encontro ligueiro, o domingo ás 17:00 horas ante o filial do Real Sporting de Gijón, os socios poderán retirar de balde unha entrada para un acompañante, para o seu mesma bancada e categoría.
As entradas pódense retirar nas oficinas do club ou na billeteira do estadio presentando o carné de socio.
Para o resto de afeccionados as entradas para o choque fixáronse en 16 euros en Tribuna, 12 euros en Preferencia e 8 euros nos fondos. As entradas para o público xuvenil custarán 5 euros e 3 euros para o infantil.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Sporting B aburren nun partido infumable (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pasarón, clave para asegurar a quinta praza
Por Diego Espiño |
-
Mouriño apúntase ao partido ante o Sporting B
Por Redacción |
-
Sete equipos dispútanse unha praza para a Copa de Rei
Por Diego Espiño |
-
Un descoido defensivo leva á derrota ao Pontevedra ante o Izarra (1-0) nun partido sen fútbol
Por Redacción |