Pasarón, clave para asegurar a quinta praza
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol recibe este domingo (17:00 horas) ao Sporting B no Estadio Municipal de Pasarón no primeiro dos dous partidos consecutivos que xogará na casa.
Estas dúas citas poden resultar decisivas na loita por asegurar a quinta praza da clasificación, que dá acceso a xogar a próxima tempada a Copa do Rei.
O filial xixonés chega a Pasarón necesitado de puntos, ocupando a praza de promoción pola permanencia e a só un punto do descenso directo. A intranquilidade no club asturiano é tal que esta semana cesaron ao que era adestrador do equipo, Tomás Hervás, despois das últimas dúas derrotas na casa.
O cambio de técnico dificulta o traballo de preparación do choque a Luisito, ao non poder predicir que equipo se atopará en Pasarón.
O preparador granate convocou a todos os futbolistas dispoñibles. Só quedaron fóra da lista polo momento, ata que horas do choque antes confirme a convocatoria oficial, os sancionados Pablo e Anxo e os lesionados Pablo Carnero e Capi.
Abraham Domínguez Fernández, do colexio territorial andaluz, será o encargado de arbitrar o encontro.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Sporting B aburren nun partido infumable (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Mouriño apúntase ao partido ante o Sporting B
Por Redacción |
-
Cada socio poderá retirar unha entrada de balde para o partido ante o Sporting B
Por Redacción |
-
Sete equipos dispútanse unha praza para a Copa de Rei
Por Diego Espiño |