O Pontevedra apúntase ao 'partido a partido'
Por Diego Espiño
Con sete xornadas por diante as matemáticas manteñen con vida a esperanza do Pontevedra de pelexar polo play-off de ascenso. Os números con todo, con nove puntos de desvantaxe sobre terceiro e cuarto clasificado, din que o empeño se antolla complicado.
A pesar diso os granates, asegurado o obxectivo da permanencia, non queren renunciar a nada e apúntanse á filosofía do 'partido a partido'. Con ela, se son capaces de sumar de tres en tres nas próximas xornadas, poderán primeiro asegurar a súa presenza na próxima edición da Copa do Rey, algo que agora teñen a tiro, e ver despois se a clasificación colócalles en disposición de pelexar polo cuarto posto.
A primeira parada nese camiño pasa polo campo de Merkadontoa, onde o vindeiro domingo visitarán a un irregular Izarra, equipo que vén de golear (2-6) a domicilio ao Sporting de Gijón B pero que no seu último partido na casa perdeu ante o Celta B.
Tras ese choque o Pontevedra recibirá en Pasarón, de forma consecutiva, aos filiais de Sporting e Celta de Vigo, partidos que poden facer que volva á pelexa polo play-off ou descartarlle definitivamente.
Despois de tres días de descanso o primeiro plantel granate regresou este luns aos adestramentos cunha sesión no campo de Príncipe Felipe na que se comprobou que Luisito seguirá contando coas ausencias por lesión de Capi e Carnero.
O técnico por contra recuperará para o choque en terras navarras a Campillo e Álex Fernández, tras a súa sanción. Company pola súa banda podería volver á convocatoria, aínda que segue arrastrando dor no cóbado pola lesión que lle deixou fóra de combate durante as últimas semanas.
Relacionadas:
-
Un descoido defensivo leva á derrota ao Pontevedra ante o Izarra (1-0) nun partido sen fútbol
Por Redacción |
-
Gañar ao Izarra, reto do Pontevedra ante "un equipo durísimo no seu campo"
Por Diego Espiño |
-
Mouriño, unha baixa inesperada para Izarra
Por Redacción |
-
A Deputación renova o patrocinio co Pontevedra e promete "continuidade" para as próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
De penalti e grazas resolve o Pontevedra un partido horrible fronte o Peña Sport (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |