A Deputación renova o patrocinio co Pontevedra e promete "continuidade" para as próximas tempadas
Por Diego Espiño
Un ano máis a Deputación manterase como patrocinador principal do Pontevedra Club de Fútbol, despois da renovación do acordo entre o club granate e a institución provincial.
Desta forma mantéñense as cantidades achegadas pola Deputación para figurar no frontal da camiseta granate, 160.000 euros pola presente tempada no que supón "un balón de oxígeno" para a entidade deportiva, segundo recoñeceu na firma a súa presidenta, Lupe Murillo.
É a primeira vez que esta firma se produce con Carmela Silva ao mando da Deputación, pero a presidenta provincial prometeu que "esté convenio terá continuidade", ao asegurar que "é para esta tempada pero será tamén para a seguinte, a seguinte...".
Carmela Silva: "Apoiamos ao club de fútbol con máis tradición da cidade e de máis tradición de toda a provincia"
Carmela Silva explicou así o apoio "ao club de fútbol con máis tradición da cidade e de máis tradición de toda a provincia".
O convenio asinouse este martes no Concello de Pontevedra coa presenza testemuñal do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen espera que "esta aportación económica sirva para que o Pontevedra siga medrando".
Relacionadas:
-
Gimnástica e Froiz asinan un acordo de patrocinio coa Deputación
Por Redacción |
-
25.000 euros "muy importantes" para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra apúntase ao 'partido a partido'
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pechou a pasada tempada cun superávit de 77.000 euros
Por Diego Espiño |
-
As presidentas de Pontevedra CF e Deputación 'fanse a pelota'
Por Diego Espiño |