O Desafío de Porteiros do Poio Pescamar estréase con preto de 40 nenos
Por Redacción
Preto de 40 nenos e nenas de toda Galicia participaron no primeiro Desafío de Porteiros organizado polo Poio Pescamar.
A iniciativa, organizada no Pavillón Municipal da Seca, converteuse nunha convivencia de porteiros de toda a Comunidade.
O adestrador do primeiro equipo vermello, Jorge Basanta, protagonizou unha masterclass xunto ao resto de monitores, na que os nenos aprenderon diferentes técnicas.
Despois da parte teórica os participantes pasaron á acción cunha competición man a man por categorías.
É a primeira edición do Desafío de Porteiros pero o club vermello aspira a repetila nunha futuro próximo.