Ourense Envialia golea aproveitando a falta de acerto do Poio Pescamar (0-5)
Por Redacción
Ourense Envialia non deu opción ao Poio Pescamar nun partido marcado pola falta de acerto das locais na primeira parte, ante un conxunto ourensán máis necesitado dos puntos para manter a cuarta praza, que fixo un partido serio, sentenciando o resultado xa antes do descanso.
As ourensanas adiantábanse pronto no marcador cun gol de Chiqui de disparo cruzado ante a saída de Irene, aos tres minutos de xogo. O Poio non veu abaixo, creando perigo ante a portería defendida por Vane, pero deixando en evidencia unha falta de acerto no remate que lle custou o partido.
Aos once minutos, Marta á saída dun saque de banda das ourensanas poñía o 0-2 desde dentro da área, coa colaboración involuntaria de Jenny en quen tocaba o balón.
As locais seguiron tentando discutirlle a posesión de balón a un Ourense que se atopaba cómodo coa renda adquirida, e que mesmo a ampliaba a catro minutos do descanso por mediación de Espi, desde a frontal, nun roubo de balón a pase de Sara Moreno.
A segunda parte foi de control visitante, logrando a sentenza definitiva co cuarto gol, obra de Chiqui culminando unha contra. Dous minutos máis tarde, Sara Moreno poñía o 0-5 definitivo, nunha boa transición ofensiva das visitantes.
POIO PESCAMAR (0): Jenny; Irene, Yoli, Elena, Claudia -cinco inicial-, Ale, Jessy, Moldes, Irene e Elena.
OURENSE ENVIALIA (5): Vane; Bea Seijas, Rosángela, Sara Moreno, Chiqui -cinco inicial-, Marta Rodríguez, Espi, Anita, Laura Fernández e Peque.
Árbitros: Dacal Deza e Martínez Torres. Amoestaron con cartolina amarela a Marta Rodríguez.
Goles: (0-1) Minuto 3: Chiqui. (0-2) Minuto 11: Marta. (0-3) Minuto 16: Espi. (0-4) Minuto 30: Chiqui. (0-5) Minuto 32: Sara Moreno.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar planta cara ao líder pero acaba cedendo na segunda metade (3-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar vence a domicilio ao Gironella (4-6) e asenta na décima posición
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar reforza a portería coa incorporación de Iria Fernández
Por Redacción |
-
O Desafío de Porteiros do Poio Pescamar estréase con preto de 40 nenos
Por Redacción |
-
Yarie desvincúlase do Poio Pescamar
Por Redacción |