O Teucro xógase a vida ante "uno de los equipos más en forma" da Liga Asobal
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Compite a Sociedad Deportiva Teucro na liga Asobal co plantel máis novo da competición, chea de xogadores galegos e co orzamento máis baixo, e "con esa filosofía vamos a morir porque estamos encantados de defender este proyecto", asegura Quique Domínguez.
Así de vehemente mostrouse o adestrador pontevedrés na rolda de prensa previa ao importante partido deste sábado (20:30) no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Balonmano Benidorm, na que é unha cita clave na súa loita pola permanencia na máxima categoría.
"El calendario dice que aún quedan 20 puntos", defende Domínguez para restar dramatismo ao choque, pero o certo é que o cadro teucrista necesita sumar dous puntos para saír da zona de descenso na que caeu tras unha mala serie de resultados.
A pesar de que a vitoria se lles resiste "no se puede hacer más para ganar", explica o técnico sobre a actitude dos seus xogadores nos adestramentos, un plantel que, di, está "empeñado en tirar de esto hacia adelante" e non vai baixar os brazos.
O Benidorm chega a Pontevedra con cinco puntos máis que os azuis, 17, na novena praza, pero convertido en "uno de los equipos más en forma del campeonato" tras reforzarse ben no período invernal.
A pesar das molestias que arrastran varios xogadores, o Teucro afronta o encontro coa única baixa Iván Fernández por lesión.
O partido será arbitrado polos andaluces Fernández Molina e Murillo Castro.
Relacionadas:
-
O pivote do Teucro, Samu Gómez, convocado de novo coa selección nacional junior
Por Redacción |
-
Inxusta derrota do Teucro ante o Benidorm nun partido de alta voltaxe (27-28)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Vai ao balonmán cun par...
Por Redacción |
-
O Teucro necesita "cerca de 60.000 euros" para terminar a tempada sen déficit
Por Diego Espiño |
-
Contratempo para o Teucro coa lesión de Iván Fernández
Por Redacción |
-
Tardía reacción sen premio para o Teucro na súa visita ao Puerto Sagunto (34-29)
Por Redacción |