O Teucro necesita "cerca de 60.000 euros" para terminar a tempada sen déficit
Por Diego Espiño
Máis aló da encarnizada loita por salvar a categoría na Liga Asobal, o Teucro traballa tamén contra o reloxo, unha vez máis, no económico para tentar pechar a tempada en números positivos e seguir reducindo a débeda que a piques estivo de terminar coa entidade.
Segundo recoñeceu o presidente azul, Carlos García-Alén, o club necesita "cerca de 60.000 euros" para facer fronte a varios pagos de débeda e terminar o curso sen xerar déficit, xa que "en abril se abre el plazo de pago de deuda ordinaria y en julio tenemos el último escollo de la deuda privilegiada", explicou o dirixente.
O Teucro recibiu este luns unha importante achega da Deputación, cun contrato de patrocinio de 45.000 euros (máis IVE) pola súa participación na máxima categoría do balonmán nacional que serve para "tapar agujeros".
Esta cantidade supón un importante incremento con respecto á pasada campaña, en División de Honra Prata, cando recibiu da institución provincial 25.000 euros por medio dunha subvención nominativa.
"La asignatura pendiente que tenemos sigue siendo el patrocinador principal, y mientras no lo consigamos no tendremos un presupuesto equilibrado", sinalou García-Alén tras reunirse coa presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Neste aspecto recoñeceu que a directiva teucrista falou con "muchas empresas privadas de ámbito nacional y gallego" polo momento sen éxito. Tamén con Ence, con quen "parece que hay un compromiso pero aún no ha cuajado".
OBXECTIVO, ENCHER O MUNICIPAL ANTE O BENIDORM
No estritamente deportivo, o Teucro pensa no partido do próximo sábado 19 ante o Benidorm (20:30 horas) como un "punto de inflexión para mantenernos", sabendo que se trata dun partido "vital".
Por ese motivo o club propúxose encher o Pavillón Municipal dos Deportes e negocia con varias empresas a subvención de entradas destinadas aos acompañantes dos socios. Ademais repartiranse invitacións entre os nenos das escolas deportivas municipais.
"Tenemos que trasladarle a la ciudad que nos jugamos todo prácticamente, es un partido que hay que ganar o ganar", declarou o presidente, Carlos García-Alén.
Relacionadas:
-
Gimnástica e Froiz asinan un acordo de patrocinio coa Deputación
Por Redacción |
-
25.000 euros "muy importantes" para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Inxusta derrota do Teucro ante o Benidorm nun partido de alta voltaxe (27-28)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro xógase a vida ante "uno de los equipos más en forma" da Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Vai ao balonmán cun par...
Por Redacción |
-
Contratempo para o Teucro coa lesión de Iván Fernández
Por Redacción |
-
Falece o expresidente do Teucro, José Manuel Vázquez Piay
Por Ramiro Espiño |
-
Tardía reacción sen premio para o Teucro na súa visita ao Puerto Sagunto (34-29)
Por Redacción |