Goleada do Arosa ao Galicia Mugardos (3-1) para reengancharse á zona nobre
Por Redacción
Tres xornadas despois o Arosa volve á senda da vitoria e faino goleando o Galicia Mugardos con dous tantos de Sylla, que levaba varios meses sen ver porta e outro de Alberto Cabanyes, o que lle permite aproveitar o patinazo do Deportivo B en Abegondo para reengancharse á loita polo cuarto posto, do que agora lle separan catro puntos.
Non foi un partido con moitas ocasións e as poucas que houbo terminaron en gol. Os locais tiveron o xogo controlado en todo momento e adiantáronse aos 9 minutos cun gol de Sylla. Á media hora de partido Cabanyes marcaba tamén pero o colexiado sinalaba fóra de xogo do madrileño.
No segundo tempo o Mugardos, que non se achegara á área de Jorge aínda, avisaba cunha gran xogada, obrigando ao meta arlequinado a despexar por liña de fondo.
Aos 65 minutos Camiño daba o susto tras unha entrada dun rival, pero tras uns minutos fóra volvía ao campo sen problemas e foi el quen abriu o camiño ao segundo gol arosista cun gran pase a Cabanyes, que define á perfección. Este gol acabou coa resistencia do equipo visitante, que vía como Sylla marcaba o terceiro dous minutos despois.
No desconto os de Mugardos lograrían maquillar o marcador cun gol de Daniel desde os once metros. O penalti custoulle a amarela a Cardeñosa.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Hugo Soto falla un 'penalti Panenka' e o Arosa patina na Lomba (2-2) co Verín
Por Redacción |
-
O Arosa vence ao Órdenes (1-2) e mantén opcións ao cuarto posto
Por Redacción |
-
Sorteados os emparellamentos da Copa Deputación de fútbol
Por Redacción |
-
Negreira e Arosa asinan un empate que afasta a ambos dos postos altos (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa deixa dous importantes puntos ante o Silva (2-2)
Por Redacción |