Claudia Puig consegue a medalla de ouro no Nacional de Lanzamentos Longos
Por Redacción
Contra todo prognóstico e tras un brillante concurso, a Sociedad Gimnástica conseguiu unha medalla de ouro no Campionato de España de Lanzamentos Longos grazas á súa atleta Claudia Puig.
A deportista do club pontevedrés impúxose en Castellón na modalidade de xavelina, na categoría xuvenil, despois de pulverizar o seu mellor rexistro persoal.
Claudia mellorou case cinco metros a súa mellor marca logrado un lanzamento de 40,23 metros que ningunha das súas rivais puido superar.
Tamén participou en Castellón, en idade cadete, Iria Filgueira, conseguindo un meritorio cuarto posto no lanzamento de martelo.