Mal comezo do Club Voleibol Pontevedra na segunda fase da liga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tras unha gran primeira fase, o Club Voleibol Pontevedra non estreou con bo pé o segundo tramo de liga. Fíxoo cunha derrota en casa por tres sets a cero contra o CV Bruxas de Ames.
Nun partido disputado este domingo no Multiusos da Xunqueira, as pontevedresas non puideron facer fronte a un rival que, por agora, nesta segunda fase de competición conta os seus partidos por vitorias.
Fronte a un rival moi completo, con bos saques, moi loitador en defensa e acertado no ataque, o CV Pontevedra nada puido facer.
A pesar de que cada set iniciábase cunha gran igualdade no marcador, ao chegar ao seu ecuador as coruñesas lograban desmarcarse e non cederon ningún parcial, gañando por 21-25, 27-29 e 19-25.
Para manter as súas opcións de chegar á fase final galega, o CV Pontevedra deberá sobrepoñerse a esta derrota e asaltar o domicilio do Casalancias da Coruña, o seu rival a próxima fin de semana.