A responsabilidade atenaza ao Cisne fronte a BM Antequera (20-26)
Por Redacción
Necesitaba gañar o Cisne a BM Antequera e non o fixo. A responsabilidade e os nervios atenazaron aos de Nano Martínez, incapaces de soltar o brazo con soltura en ataque, provocando a súa derrota fronte aos andaluces, o que deixa ao conxunto branco nunha posición moi delicada para salvar a categoría.
A primeira parte foi de igualdade absoluta. Coas defensas impoñéndose claramente aos ataques, as alternativas sucedéronse no marcador, que se movía con mínimas diferenzas para un e outro equipo. Pablo Galán, que regresaba tras a súa lesión, sostiña ao equipo, pero nas accións ofensivas faltou fluidez e decisión, sen que ninguén acertarse a asumir a responsabilidade no lanzamento.
O empate dos primeiros 30 minutos (9-9) deixaba as espadas no alto e todo por decidir, pero os primeiros minutos da continuación foron claves. O Cisne volveu á pista máis nervioso aínda e Antequera non perdoou. En pouco máis de tres minutos logrou un parcial de 0-3 que lles poñía por diante (9-12), permitíndolle xogar coa ansiedade e as necesidades dos locais, que non foron capaces de reaccionar.
A medida que pasaba o tempo os brancos víanse vítimas da súa impotencia atacante (2 goles en 13 minutos), mentres o conxunto andaluz manexaba ben a vantaxe e seguía abrindo oco (11-16, minuto 42).
Álex Chan asumiu a responsabilidade, con cinco goles nun curto espazo de tempo, pero a diferenza xa non baixaría dos tres tantos (17-20, minuto 54). Antequera mantivo a calma e o control do xogo en todo momento, para terminar levándose os tres puntos (20-26) que lle achegan á salvación, rompendo a súa mala traxectoria, e deixando ao Cisne nunha situación máis que delicada.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Palma del Río aproveita a debilidade defensiva do Cisne (33-38)
Por Ramiro Espiño |
-
Pablo Galán conduce ao Cisne a dar a badalada en Zamora (25-27)
Por Redacción |
-
O Cisne necesita ao seu xogador número oito para recibir ao Antequera
Por Ramiro Espiño |
-
O Cisne prescinde de Edín Covelo na busca dun "revulsivo"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne aguanta ata o descanso pero acaba claudicando en Valladolid (32-27)
Por Redacción |