A Gimnástica, sexta no Nacional de clubs de campo a través
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Non lle foi mal á Sociedad Gimnástica de Pontevedra na súa participación no Campionato de España de clubs a campo a través, celebrado este domingo no Hipódromo da Zarzuela de Madrid.
Nesta proba, á que o conxunto pontevedrés viaxaba co seu equipo masculino na distancia curta de catro quilómetros, concluíu nunha meritoria sexta praza.
David Martínez foi o mellor atleta pontevedrés, ao entrar en meta nunha brillante terceira posición cun tempo de 12 minutos e 5 segundos, a tan só sete segundos do gañador.
Tras el, chegaron Antonio Serrat no posto 37, Iván Docampo na 46 e Iván Blanco no lugar 71. Os catro sumaron 157 puntos, que lle deron a sexta posición na clasificación por equipos.
Os outros atletas do equipo foron Rubén Diz e Akka, que atravesaron a chegada nos postos 95 e 108 respectivamente, dun total de 280 corredores que entraron na clasificación final.
NACIONAL DE LANZAMENTOS LONGOS
Pola súa banda, o lanzador Víctor Gallego rozou as medallas no Campionato de España de inverno de lanzamentos longos que se disputou esta fin de semana en Xaén.
Víctor Gallego estivo moi preto da medalla de bronce na proba de disco. Cos 53,09 metros do seu mellor lanzamento, colocouse a tan só 20 centímetros do terceiro posto. Aínda que o tentou, non puido mellorar dita marca.
Xunto a el tamén competiu outro lanzador de disco da Gimnástica, Javier Guzmán, que quedou clasificado na sétima posición tras un lanzamento de 48,09 metros.
Relacionadas:
-
A canteira da Gimnástica déixase ver en Oviedo e Calatayud
Por Redacción |
-
A Gimnástica, a polo reto do Campionato de España de atletismo en pista cuberta
Por Redacción |
-
A Gimnástica, club galego con máis representación no Nacional de campo a través
Por Redacción |
-
Xornada de mínimas e mellores marcas persoais no CGTD co Torneo de Lanzamentos
Por Redacción |