Martín Souto, convocado para participar nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción
Ten 16 anos pero acaba de facer historia. O buenense Martín Souto será o primeiro piloto español de bosbleigh en participar nuns Xogos Olímpicos da Mocidade.
Farao na modalidade de monobob, unha categoría na que todos os participantes participan cun trineo idéntico coa intención de facelo máis accesible aos países onde non hai tradición, como é o caso de España.
Souto foi seleccionado polo Comité Olímpico Español, e participará na competición de inverno que se celebrará do 12 ao 21 de febreiro na localidade norueguesa de Lillehammer.
Nos Xogos Olímpicos da Mocidade participarán preto de 1.100 mozos de máis de 70 países, completando o equipo español Gral Selles e Alba Puigdefábregas en esquí de fondo; Miren Miquel Vignau e Aingeru Garay en esquí alpino; e Fiona Torrelló en snowbordercross.
Martín Souto, tras iniciarse na competición coas carrilanas e dar o salto ao xeo, logrou a súa clasificación nas dúas primeiras probas das Monobob Youth Series.