O rugby pontevedrés prepárase para empezar o ano co derbi entre PRC e Mareantes
Por Redacción
Pontevedra Rugby Club e Mareantes prepáranse para estrearse en competición neste 2016 cun partido especial, o derbi pontevedrés.
A Primeira Territorial Galega volve á actividade e faino co duelo de rivalidade da cidade, que se xogará o vindeiro sábado 16 de xaneiro no campo de Monte Porreiro.
Será un partido importante para os dous equipos, separados por un só posto na táboa pero con obxectivos diferentes.
O Mareantes, cuarto con 15 puntos, aspira tras o seu bo final de ano a un triunfo que lle permita loitar pola segunda posición da liga regular, mentres o PRC, quinto con oito puntos, busca distanciarse dos postos perigosos para esquecerse da pantasma do descenso e traballar con tranquilidade na formación dun plantel novo, nutrido en bo número polas categorías inferiores da entidade.