Positiva primeira xornada do ano na Preferente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Gran inicio de ano para os equipos da comarca no grupo Sur de Preferente, onde só o Céltiga encaixou unha derrota na casa no seu duelo ante o Portonovo (0-2).
O cadro arlequinado conseguiu o primeiro triunfo con Óscar Guimeráns no banco despois dun choque moi disputado que Nico desnivelou mediada a segunda metade e Buba sentenciou no desconto.
Co triunfo toma aire o Portonovo subindo ata a décimo cuarta praza con 24 puntos. Cun máis, 25, no décimo posto sitúase un Xuventú Sanxenxo que derrotou pola mínima (1-0) ao Estradense.
Javi Nogueira, ao comezo do segundo tempo, conseguiu o tanto decisivo nun duelo caracterizado pola igualdade no que os pupilos de Óscar García mostraron a súa versión máis aguerrida.
Tamén respira na clasificación o Unión Grove ao conseguir gañar no campo do Valladares (1-2). Dani Otero adiantou ao cadro meco, Mintegui empatou para o locais pero a fortuna sonreiu ao Unión, que levou os puntos cun tanto en propia meta poucos minutos despois.
O Grove segue ao fío do descenso pero non perde o tren dos seus principais rivais, sendo decimoséptimo con 22 puntos.
Pola súa banda o Villalonga comezou o ano cun novo triunfo que lle consolida no alto da táboa. Impúxose con relativa comodidade ao Caselas (3-1) con goles de Javi Pazos e dous de Pablo Porta, aos que os visitantes só responderon ao final para maquillar o resultado. Os celestes manteñen nove puntos de vantaxe sobre o segundo e 14 sobre o terceiro.