Mouriño, de baixa tras ser operado de apendicite
Por Redacción
A volta ao traballo no Pontevedra Club de Fútbol, prevista para este luns 28 de decembro, chega cunha mala noticia para o técnico granate, Luisito, ao perder a un dos seus futbolistas clave para as próximas citas.
Adrián Mouriño foi intervido cirurxicamente de urxencia durante a madrugada debido a unha apendicite aguda.
O futbolista foi operado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde agora recupérase do proceso, segundo informou o Pontevedra nun comunicado.
Mouriño "atópase en proceso de recuperación", explica o club, e seguirá "o correspondente tratamento médico posterior", cun período oficial de baixa aínda por determinar.
Deste xeito o centrocampista perderase con total seguridade o primeiro partido ligueiro do ano, o vindeiro domingo 3 de xaneiro en Burgos.
Relacionadas:
-
Un gris Pontevedra encoméndase a Edu para rabuñar un valioso punto en Burgos (1-1)
Por Redacción |
-
El Plantío, primeira parada do ano para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Sen descanso en Noitevella e Aninovo para o Pontevedra pensando na complicada viaxe a Burgos
Por Diego Espiño |
-
Un mes de xaneiro cargado de partidos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Contra a Cultural Leonesa e a pesar dunha arbitraxe nefasta, o Pontevedra (2-1) remonta e entusiasma
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |