El Plantío, primeira parada do ano para o Pontevedra
Por Diego Espiño
Empezar 2016 da mesma forma que terminou 2015, gañando. É o obxectivo dun Pontevedra que pecha este domingo en Burgos (El Plantío, 17:00 horas) a primeira volta da competición ligueira.
Será unha proba esixente para os homes de Luisito, que deberán repoñerse ás ausencias no centro do campo para superar a un cadro burgalés que acabou o ano con tres triunfos consecutivos que o levantaron á décima praza.
O técnico granate deberá decidir quen é o substituto de Adrián Mouriño no once, despois da súa operación de apendicite, sendo o único futbolista de baixa xunto a Álex Fernández. Pola súa banda o Burgos de Ángel Viadero contará tamén con dúas ausencias confirmadas por lesión, as de Pérez e Iván Zarandona.
Ademais dos dous lesionados, Luisito descartou a Pablo, Tomás, Miki e Miguel, polo que os 16 xogadores convocados son: Edu, Lloves, Adrián, Capi, Campillo, Bruno, Verdú, Pedro García, Kevin Presa, Queijeiro, Anxo, Tubo, Jandrín, Jacobo, Borjas e Pablo Carnero.
O Pontevedra, que non perde fóra de casa desde o 26 de setembro en Ferrol, aspira a continuar a xeira positiva de resultados para asentarse nos catro primeiros postos.
O encargado de arbitrar o choque será o colexiado vasco Aitor Gorostegui Fernández-Ortega, auxiliado nas bandas por Javier Rodríguez Echavarri e Ánder Arzamendi Argaya.
Relacionadas:
-
Un gris Pontevedra encoméndase a Edu para rabuñar un valioso punto en Burgos (1-1)
Por Redacción |
-
Sen descanso en Noitevella e Aninovo para o Pontevedra pensando na complicada viaxe a Burgos
Por Diego Espiño |
-
Mouriño, de baixa tras ser operado de apendicite
Por Redacción |
-
Un mes de xaneiro cargado de partidos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |