O Marcón supera con claridade ao Monterrey no Carrasco (2-0)
Por Redacción
Vacacións merecidas para o Marcón Atlético, que en partido adiantado da xornada 18 na Preferente superou, con máis problemas dos previstos, ao Monterrey (2-0).
O pechacancelas da categoría mostrou boa imaxe no Carrasco, pero a solidez dos pontevedreses pesou máis no resultado.
A climatoloxía foi tamén protagonista, dificultando as evolucións do choque.
En contra de vento, na primeira metade, o Marcón non foi capaz de perforar a meta rival, algo que só conseguiría no tramo final.
Baptiste fixo o primeiro gol aos 73 minutos, mentres Fer sentenciou a dous minutos do final certificando o triunfo e a quinta xornada sen perder dos pontevedreses.
Consulta aquí o acta do partido.