O Marcón supera ao Arenteiro (1-2) e segue á alza na clasificación
Por Redacción
Cada xornada que pasa o Marcón atópase máis cómodo na Preferente, achegándose aos poucos ao obxectivo da permanencia.
Os pontevedreses superaron a domicilio ao Arenteiro (1-2) e encadean catro xornadas sen perder, con tres triunfos e un empate ante o líder, para ascender á novena praza da clasificación con 25 puntos.
Ante o Arenteiro os pupilos de Carlés saíron con forza e aos 9 minutos xa gañaban por 0-2 grazas aos tantos de Jorge e Baptiste.
Encarrilado o partido o Marcón defendeu con solvencia a súa vantaxe, aínda que os locais recortaron distancias antes do descanso ao aproveitar un penalti transformado por Joan.
Consulta aquí o acta do partido.