Portonovo e Sanxenxo métense en problemas e o Villalonga segue ao seu
Por Redacción
Mala xornada para os equipos de Preferente, onde só o Villalonga sumou un triunfo que lle fai manterse con comodidade á fronte da clasificación.
Os celestes desfixéronse do Lalín con máis apuros dos que reflicte o marcador final de San Pedro (3-0). Pablo Porta adiantou aos locais aos 5 minutos, pero non foi ata mediada a segunda metade cando Javi Pazos encarrilou o partido, que sentenciou no último minuto Héctor co terceiro tanto.
Ata a cuarta praza, con 32 puntos, cae o Céltiga ao non pasar do empate (1-1) no Salvador Otero ante o Mondariz. Os da Illa salvaron un punto no último minuto cun gol de Machu, tras tomar vantaxe os visitantes no minuto 80.
Os que se meten en problemas na clasificación son Portonovo e Sanxenxo. O primeiro deles encaixou unha nova derrota, esta vez en casa do Porriño Industrial (2-1) tras desperdiciar a vantaxe que lle deu o tanto inicial de Nacho. Os locais empataron antes do descanso e decidiron no último minuto, deixando aos arlequinados na décimo cuarta praza con 20 puntos.
Máis abaixo, décimo sexto con 19 puntos, colócase o Xuventú Sanxenxo tras o empate sen goles en Baltar de Arriba ante o Atios.
Pola súa banda o Unión Grove encaixou unha derrota no campo do Alertanavia (2-0) nun partido que se decidiu na segunda metade. O cadro meco é décimo quinto con 19 puntos.