Mareantes logra a súa segunda vitoria na liga e o PRC cae ante o líder
Por Redacción
Unha de cal de e outra de area na xornada dos equipos pontevedreses na Primeira División Galega de rugby.
O Pontevedra Rugby Club viuse superado en Monte Porreiro polo líder invicto da competición, o Campus Ourense, por un contundente 7 a 42, nun partido que dominaron por completo os visitantes.
O traballo da dianteira ourensá e a súa liña de tres cuartos fixo dano constantemente á defensa local.
Pola súa banda o Mareantes conseguiu en Lalín o seu segunda triunfo da tempada nun encontro no que o traballo da dianteira resultou clave (8-20). Tras unha primeira parte de grande igualdade, chegando ao descanso cun 8-10, os pontevedreses apoiáronse na súa melé para desequilibrar e asegurarse a vitoria.
Estes resultados fan que o Mareantes ascenda á metade da táboa, concretamente ata a cuarta praza con 10 puntos, mentres o PRC é quinto con 8 puntos.