A Gladiator Race anuncia unha segunda edición en Pontevedra para o próximo 4 de xuño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A súa primeira edición congregou o pasado mes de outubro a máis de 2.100 aventureiros na Illa das Esculturas, un éxito de participación que animou aos seus organizadores para repetir a experiencia.
A Gladiator Race volverá a Pontevedra en 2016 coa súa mestura de deporte e aventura. Farao o 4 de xuño, segundo confirmou a páxina oficial do evento.
Aínda que as inscricións non se abrirán polo momento, o que si desvelaron os organizadores é que se habilitarán dúas categorías segundo a dificultade, denominadas Gladiator Rocket e Gladiator Warrior, e que tamén se creará unha categoría infantil en versión reducida.
É cedo para coñecer as probas ás que deberán enfrontarse os participantes, pero terán de novo que escalar, arrastrarse polo barro, saltar lume, reptar ou atravesar o río antes de chegar á liña de meta.
Na súa estrea na cidade del Lérez o circuíto estaba composto por un percorrido de oito quilómetros no que había que superar ata 28 obstáculos.
Relacionadas:
-
Os terreos de Tafisa e o Miradoiro de Monte Porreiro, novos espazos para a Gladiator Race
Por Redacción |
-
Máis de 2.300 inscritos para a segunda edición da Gladiator Race
Por Redacción |
-
As carreiras de obstáculos chegan ao Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Vilagarcía apúntase ás carreiras de obstáculos cun evento baixo teito en Fexdega
Por Redacción |
-
A segunda edición da Gladiator Race de Pontevedra abre inscricións
Por Redacción |
-
Nunca me rendo!!!
Por Redacción |
-
Castor Salgado e Andrea Montero, os aventureiros máis rápidos da Gladiator Race de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Chega a Gladiator Race: a Illa das Esculturas, territorio só apto para aventureiros extremos
Por Alejandro Espiño |