O Peixegalego saborea o seu mellor momento na LEB Prata
Por Diego Espiño
Empezou a liga de maneira irregular, afectando unha curta pretempada, pero a pouco que o equipo se foi compenetrando converteuse no club máis en forma da liga LEB Prata.
O Marín Peixegalego vive o momento máis doce dos últimos anos na categoría de bronce do baloncesto nacional, o que lle situou cuarto clasificado a só unha vitoria do liderado que ocupa El Bulevar de Ávila.
Os pupilos de Javi Llorente arrancaron a liga con dúas derrotas, pero desde entón sumaron seis triunfos en sete encontros, os catro últimos de maneira consecutiva, facendo que as expectativas no club se disparen.
Cos pés no chan e a base de moito traballo e concentración nos minutos crave dos partidos, o conxunto 'peixe' foi crecendo ata converterse nun rival incómodo ao que poucos queren enfrontarse.
A melloría do xogo tradúcese tamén nas estatísticas totais da competición, con varios xogadores destacando en diferentes clasificacións.
Rogers é o terceiro máximo anotador con 17 puntos de media por partido, mentres Antonio Pantín é noveno con 14,89 de media, uns números que o pívot completa con 6,78 rebotes por partido (12º) e 15,89 de valoración (10º no ránking).
Tamén Javonte Green destaca en valoración (oitavo con 16,11 puntos por partido), recuperacións e mates, estando en todas estas estatísticas no Top-10.
Ademais Darío Suárez é o mellor triplista en acerto cun 8 de 13 (61,54%) e Álex Navajas o oitavo xogador que máis faltas recibe.
Con estes números e a convicción de estar no bo camiño, o Peixegalego buscará o vindeiro sábado na Raña (19:30 horas) manter o seu bo momento de forma e resultados na visita do Covirán Granada, sexto clasificado.
Relacionadas:
-
O Peixegalego suma en Sevilla o seu sexto triunfo consecutivo (55-68)
Por Redacción |
-
Segue imparable o Peixegalego, que non dá opción ao Covirán Granada (88-68)
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego remonta para gañar no último cuarto (81-90) a Ciudad de Valladolid
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego leva un derbi espectacular derrotando ao Xuven Cambados (97-95)
Por Redacción |