Marín Peixe Galego remonta para gañar no último cuarto (81-90) a Ciudad de Valladolid
Por Redacción
Nin un inmenso Sergio de la Fuente puido impedir a cuarta vitoria consecutiva dun Marín Peixe Galego que xogou mellor os minutos decisivos, na recta final, remontando un marcador no que foi a remolque durante boa parte do partido, para terminar impoñéndose por 81-90, unha diferenza que non reflicte as dificultades sufridas en Pisuerga polos de Javi Llorente.
En terras valisoletanas viuse un choque interesante, con dous equipos lanzados ao ataque e un duelo individual espectacular entre Sergio de la Fuente e Gabo Rogers. Se boa foi a achega do escolta marinense, autor de 26 puntos, con 6 rebotes, 5 asistencias e 28 de valoración, o pivot local deu unha clase maxistral durante todo o partido, asinando unhas cifras espectaculares (34 puntos, cun 79% de efectividade nos tiros de campo, 13 rebotes, 1 asistencia e un asombroso 47 de valoración).
Pero a clave do partido foi que esa sensacional actuación de Sergio de la Fuente unicamente viuse acompañada polo labor de Pablo Pérez (16 puntos, 6 asistencias e 33 de valoración), mentres que o Marín tivo uns "secundarios" de luxo en Antonio Pantín, Goyo Adón e Javonte Green (16 puntos cada un e os tres con dobres díxitos na súa valoración).
O equipo valisoletano saíu máis intenso ao partido e un triplo de Pablo Pérez poñía a máxima diferenza (23-11, minuto 8) no marcador. Iso si, Marín reaccionou ao bo xogo ofensivo local logrando un parcial de 0-13 entre o final do primeiro cuarto e o inicio do segundo, que igualou o choque antes do descanso.
A igualdade manteríase ata os dous minutos finais. Un mate de Javonte Green a minuto e medio deixou tocado ao equipo de Iñaki Martín, que se precipitou buscando canastras fáciles e provocando persoais para que o seu rival fose á liña de persoal. Os últimos ataques de Brico Depot Cidade de Valladolid non tiveron éxito e o dominicano Goyo Adón ratificou a vitoria cos últimos 5 puntos do partido.
Relacionadas:
-
Green e Rogers lideran a un soberbio Marín Peixe Galego no ensaio para a final copeira (101-80)
Por Redacción |
-
Segue imparable o Peixegalego, que non dá opción ao Covirán Granada (88-68)
Por Redacción |
-
O Peixegalego saborea o seu mellor momento na LEB Prata
Por Diego Espiño |
-
Marín Peixe Galego leva un derbi espectacular derrotando ao Xuven Cambados (97-95)
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego espera ao final para sentenciar ao pechacancelas Viten Getafe (65-74)
Por Redacción |
-
Gabo Rogers e Javonte Green conducen á vitoria a Marín Peixe Galego sobre Basquet Tarragona (81-66)
Por Redacción |