Marín Peixe Galego espera ao final para sentenciar ao pechacancelas Viten Getafe (65-74)
Por Redacción
Tivo que traballar máis do previsto o Marín Peixe Galego para impoñerse na pista do Viten Getafe. Os madrileños, que aínda non coñecen a vitoria na actual tempada, foron por diante ata o último cuarto, momento en que chegou a reacción dos de Javi Llorente para remontar e terminar vencendo por nove puntos de marxe (65-74).
O equipo marinense non estivo cómodo na pista, sendo dominado por un Getafe que atopou no tiro exterior un filón (12 de 21 nos triplos) para mandar con lixeiras vantaxes nos dous primeiros parciais (21-19 e 13-11) e marcharse ao descanso con catro puntos de vantaxe (34-30). Especialmente significativo a pobre bagaxe anotadora dos galegos no segundo parcial, con só 11 puntos no seu haber.
Recuperou terreo o equipo marinense á volta de vestiarios (16-19 no terceiro cuarto), pero non o suficiente para evitar que os madrileños entrasen por diante nos últimos 10 minutos. Foi entón cando Peixe Galego, da man de Antonio Pantín (19 puntos e 18 de valoración) secundado por Gabo Rogers e Javonte Green, marcou diferenzas para asinar un parcial de 15-25 que lle deu unha vitoria sufrida.
Relacionadas:
-
Marín Peixe Galego remonta para gañar no último cuarto (81-90) a Ciudad de Valladolid
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego leva un derbi espectacular derrotando ao Xuven Cambados (97-95)
Por Redacción |
-
Gabo Rogers e Javonte Green conducen á vitoria a Marín Peixe Galego sobre Basquet Tarragona (81-66)
Por Redacción |
-
Fundación Lucentum domina e vence con autoridade ao Marín Peixe Galego (83-64)
Por Redacción |
-
Antonio Pantín lidera ao Marín Peixe Galego na súa vitoria (87-72) ante Simply Olivar
Por Redacción |