Marrocos, próxima parada de Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Borja Ríos
Por Redacción
Dúas semanas despois da suspensión do Open de París, cidade na que viviron de preto os terribles atentados que alí sucederon, os taekwondistas pontevedreses regresan á competición internacional.
Tres deles participarán esta fin de semana nunha nova proba de categoría G-1, o Open Internacional de Marrocos, que se celebrará na localidade de Agadir.
Alí estarán a caldense Lúa Piñeiro (Natural Sport) para competir en -67 quilos, mesma categoría que a marinense Katya Calvar (Mat's), completando a expedición o pontevedrés Borja Ríos (Hebe) en -63 quilos.
A intención de todos eles é lograr unha boa actuación que lle permita ascender postos no ránking mundial para os obxectivos internacionais de 2016.
En Marrocos participarán un total de 437 deportistas en categoría senior.
Borja Ríos será o primeiro en participar, o sábado 28, mentres Lúa e Katya competirán o domingo 29 de novembro. Completa o equipo galego a coruñesa Sara García (Dobok) en 57 quilos.
Relacionadas:
-
Lúa Piñeiro e Katya Calvar soben ao podio no Open de Marrocos de Taekwondo
Por Redacción |
-
Xían Silva consegue o bronce no Europeo Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo galego prepárase en Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Dominio galego na final do Professional Taekwondo Open disputado en Marín
Por Diego Torrado |
-
A experiencia dos taekwondistas pontevedreses no venres negro de París
Por Diego Espiño |