Irene Trabazo reponse con outro triunfo na Copa de España de Ciclocrós que lle acerca de novo ao liderado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/47a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/56560833de-5655a33a16-juniors_6.jpg)
© Real Federación Española de Ciclismo
Perdeu o liderado a pasada semana na primeira das carreiras disputadas ata o momento na que non conseguiu gañar, sendo terceira, pero agora volve axexar a primeira posición.
Irene Trabazo sitúase a un punto do primeiro posto na Copa de España de Ciclocrós despois de sumar en Alcobendas un novo triunfo, quinto en seis probas.
A ciclista marinense domina a categoría junior feminina, pero viuse afectada por unha sanción de 25 puntos por non saír nunha das citas coa camisola de líder, polo que a primeira clasificada provisional é agora a valenciana Sofía Rodríguez (Koryo).
En Alcobendas Irene Trabazo volveu a subir ao alto do podio ao terminar por diante de Rodríguez, á que avantaxou en sete segundos, e de Magda Durán (Megamo), que chegou a 29 segundos.
Tentou escaparse de saída pero os seus rivais aguantaron o tirón nunha carreira que se decidiu nos obstáculos finais.
A Copa de España de Ciclocrós volverá o próximo 6 de decembro en Igorre (País Vasco).
Relacionadas:
-
Irene Trabazo defende con éxito o título de campioa da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo recupera o liderado da Copa de España de Ciclocrós a falta dunha carreira
Por Redacción |
-
Irene Trabazo continúa intratable na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo, primeira líder da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |