Irene Trabazo, primeira líder da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción
Inmellorable inicio de tempada de ciclocrós para a ciclista do Marín-Ottoman, Irene Trabazo, na Copa de España, competición na que defende título.
A marinense é a primeira líder da clasificación xeral da categoría junior tras facer dobrete nas dúas carreiras disputadas a pasada fin de semana no País Vasco.
Trabazo non tivo rival na primeira delas, en Laudio, na que se impuxo cunha vantaxe de 1:13 sobre Sofía Rodríguez (Koryo Car Hyundai) e con 2:57 a Mireia Muñoz (Cafés Baque).
O resultado foi similar en Muskiz, aínda que máis apertado, xa que a deportista do Club Ciclista Marín superou en só 17 segundos a Sofía Rodríguez, mentres o terceiro lugar do podio ocupouno Alba Fernández (Baqué-Campos) a 47 segundos.
Na xeral, con 50 puntos, destácase na cabeza con 10 de vantaxe sobre a que se postula como a súa principal rival, Sofía Rodríguez.
A próxima cita do calendario volverá ter programa dobre tamén no País Vasco, o sábado 6 co Trofeo San Andrés, en Ametzaga Zuya, e o domingo 7 co Elorrioko Udala Seria Ziklo-Krosa, en Elorrio.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo defende con éxito o título de campioa da Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo reponse con outro triunfo na Copa de España de Ciclocrós que lle acerca de novo ao liderado
Por Redacción |
-
Irene Trabazo continúa intratable na Copa de España de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Positiva estrea do Trofeo Ría de Marín de Féminas
Por Redacción |