O Ironman de Malaysia, último gran reto do ano para Saleta Castro
Por Diego Espiño
Saleta Castro pon este venres rumbo a Malaisia para afrontar o seu último gran reto da tempada, que espera lle achegue un pouco máis ao seu soño de clasificarse para o Campionato do Mundo de Hawaii 2016.
A pontevedresa, que se adestra estes días na casa tras un mes concentrada en Lanzarote, recoñece que "las sensaciones son muy buenas" para este Ironman (3,8 quilómetros de natación, 180 de ciclismo e un maratón final), ao que chega coa moral alta tras o seu terceiro posto no 70.3 de Lanzarote.
Esa foi precisamente a súa primeira proba puntuable para o Mundial de Kona, e agora afronta a segunda na que "espero acabar con buenos puntos", explicou a PontevedraViva.
Saleta Castro: "Me veo muy ilusionada, creo que estoy haciendo las cosas bien"
"Acabo de empezar a puntuar pero me veo muy ilusionada, creo que estoy haciendo las cosas bien", comenta Saleta, que espera conseguir a clasificación, se todo sae segundo o previsto, o próximo verán.
Para logralo, no seu calendario de 2016 figura o Ironman de Lanzarote (19 de maio) "y posiblemente otro más", aínda que "si va bien me quedo sólo con dos Ironman y algún 70.3 más".
No seu grao de confianza ten moito que ver o seu novo adestrador, Luc Van Lierde, dúas veces campión mundial de Ironman e unha vez en distancia olímpica: "Empecé a entrenar con él y en tres meses ya dio resultados. Que me entrene un dos veces campeón del mundo en Hawaii es razón de más para confiar", recoñece a pontevedresa.
En canto a Malaisia, a principal preocupación radica na calor e a humidade, polo que a hidratación resultará clave, aínda que "en las carreras de calor suelo ir bien". Ademais Saleta Castro afrontará un Ironman que conta cun alto nivel de inscrición, no que figuran sete mulleres que estiveron no último mundial.
Relacionadas:
-
Saleta Castro recorre ao 'crowdfunding' no seu camiño a Hawaii
Por Redacción |
-
Brillante quinto posto de Saleta Castro no Ironman de Malaisia
Por Diego Espiño |
-
Novo éxito de Saleta Castro na media distancia: terceira no Ironman 70.3 de Lanzarote
Por Redacción |
-
Saleta Castro inicia en Lanzarote o seu camiño a Kona 2016
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro finaliza na sétima praza o Ironman de Lanzarote
Por Diego Espiño |