12 horas de diversión BTT en Pontillón do Castro
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
A contorna do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, foi durante toda a xornada de sábado unha festa da bicicleta.
Alí disputouse a segunda edición da BTT Pontevedra Non Stop, proba de resistencia que arrancou ás 9:00 horas da mañá.
Máis de 300 ciclistas tomaron parte na proba de resistencia, non competitiva, que consisitía en dar o maior número de voltas posibles ao circuíto de 10 quilómetros.
A maioría de ciclistas conformaron equipos para completar as 12 horas de reto, aínda que houbo 40 valentes que o realizaron individualmente e tamén moitos que optaron pola opción reducida de seis horas.
A organización, a cargo da Roda do Demo, habilitou unha serie de actividades e servizos no Pontillón que completaron unha xornada chea de diversión.
Segunda edición da BTT Pontevedra Non Stop
Máis de 300 ciclistas participaron na segunda edición da proba de resistencia, que tivo como epicentro o encoro de Pontillón do Castro
© Diego Torrado