As 12 horas de BTT 'non stop' volven á carga buscando facerse accesible "para todo o mundo"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
O Pontillón do Castro será escenario o sábado 3 de outubro, por segunda vez, da Pontevedra BTT Non Stop, que ademais das 12 horas habilita nesta ocasión a opción das seis horas para facer a proba accesible "para todo o mundo", segundo explicou o seu organizador Josevi Cimadevila.
A Non Stop conta xa con 200 inscritos e espera achegarse ao tope de 500, nunha cita non competitiva "na que cada un ten que marcarse o seu reto".
Os participantes poderán participar en equipos de ata catro deportistas, que a semellanza das probas automobilísticas de resistencia se enfrontarán a un circuíto de 10 quilómetros, o mesmo da pasada edición, cunha zona de 'pit lane' na que realizar os relevos.
A xornada completarase cunha serie de actividades na pista de piragüismo para todos os públicos e con servizos de todo tipo para os ciclistas.
As inscricións poden formalizarse ata o día 21 de setembro a través da web www.globaldxt.com.
Ademais nesta ocasión a Non Stop, que foi presentada este xoves no Concello de Pontevedra, habilitará unha categoría para persoas con discapacidade.